O BNG de Burela insiste no reforzo de persoal para o servizo de socorrismo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O grupo municipal do BNG de Burela puido saber que o número de profesionais que compoñen o servizo de socorrismo nas praias da vila burelá viuse afectado por tres baixas, quedando en cinco os socorristas que actualmente traballan nos areais.
28 Jul 2020

O grupo municipal do BNG de Burela puido saber que o número de profesionais que compoñen o servizo de socorrismo nas praias da vila burelá viuse afectado por tres baixas, quedando en cinco os socorristas que actualmente traballan nos areais. Segundo o voceiro do BNG, Mario Pillado “o servizo non se pode levar a cabo con so cinco persoas nas praias, por iso cómpre que o equipo de goberno faga todo o posible para xestionar novas contratacións para suplir as baixas. Somos conscientes que non existen moitos profesionais dispoñibles a estar alturas de verán, pero cremos que se debe facer un esforzo por atopalos”.

Pillado continuou dicindo que “tamén seguimos insistindo na posibilidade de contratar persoal auxiliar para reforzalo traballo do equipo de socorristas, para que estes poidan descargar parte das tarefas e cando menos, xa que se ven minguados en número, podan sacar adiante o servizo con maior tranquilidade no que queda de período estival”.

Os nacionalistas non aceptan desculpas de mal pagador ante esta incidencia. Para o portavoz do bloque “o que non vale agora é queixarse do recorte feito pola xunta neste eido, do que todos somos conscientes e que xa foi criticado no seu momento; o equipo de goberno ten que ter capacidade para xestionar e sacar o servizo adiante nestas condicións”.
Pillado tamén sinalou que “cando se deron a coñecer as axudas de parte da administración autonómica existían concellos veciños con situación moito peor ca de Burela para ofertalo servizo e foron capaces de facelo, mesmo concellos con moitos mais areais e con necesidades de persoal moito mais altas co noso. A nosa vila non pode quedar á cola do resto da comarca tamén neste servizo, cando reunía condicións antes do comezo do mesmo para levalo a cabo de forma relativamente cómoda, por iso é preciso que o goberno local aporte solucións”.

Por último o voceiro do BNG quer recordar que “tamén propuxemos, e mantemos, que se destine persoal municipal para o control e seguimento das medidas de seguridade nos areais derivadas do Covid19, algo que tampouco se levou a cabo.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1573281288147