O BNG de Burela esixe a inmediata mellora do servizo de limpeza viaria

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pasado 30 de xullo, no Pleno ordinario correspondente, o grupo municipal do BNG de Burela trasladaba as queixas da veciñanza a respecto do servizo de limpeza.
28 Aug 2020

O pasado 30 de xullo, no Pleno ordinario correspondente, o grupo municipal do BNG de Burela trasladaba as queixas da veciñanza a respecto do servizo de limpeza.

Segundo apunta o voceiro do BNG, Mario Pillado, "o señor Alfredo Llano negaba a maior nese momento, e a situación non mellorou, máis ben todo o contrario; por momentos, no grupo municipal vémonos desbordados coas queixas que nos trasladan directamente polas rúas, ademais do que directamente nos percibimos. Seguimos insistindo en que se está a intensificar esforzo nas zonas mais céntricas, mentres moitos outros puntos e rúas están descuidadas. Tamén se acumula o lixo arredor dos contedores cheos e queremos facer fincapé en que un bo número de solares que foron rozados deixaron ó descuberto moito lixo que non foi retirado, ademais de que en moitas beirarrúas a circulación está dificultado pola maleza".

Pillado continuou decindo que "por suposto, non responsabilizamos ao persoal que leva a cabo o traballo, o equipo de Goberno ten que esixir da empresa concesionaria un servizo acorde co que a veciñanza vai pagar"

Así como no curto prazo esixen unha urxente mellora na calidade do servizo, dende o Bloque cren que "o equipo de Goberno ten que cumplir a súa promesa no debate plenario sobre os orzamentos e non subir a taxa do lixo, posto que o servizo non mellorou. Vemos como, a fin de contas, xa é a terceira empresa que pasa por este Concello e a problemática é sempre a mesma, unhas carencias que non xustifican o que a veciñanza costea co seu diñeiro. Chámese Xan ou Pericán, en Burela estamos sempre nas mesmas dende que se privatizou o servizo" indicou o portavoz nacionalista.

Por iso, seguiu, "cremos que despois de que o anterior goberno socialista perdera no anterior mandato a oportunidade de traballar na recuperación do servizo, agora o actual goberno socialista ten tempo por diante, cando menos tres anos, para buscar alternativas neste eido. Pola nosa parte temos aportado alternativas sistemáticamente, o que fai falla é vontade política e traballo honesto para acadalo"


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14795398712158