O BNG cre que detrás do accidente de tren en Viveiro está o desmantelamento ferroviario dos gobernos central e autonómico
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG lamenta o descarrilamento do tren en Viveiro agardando que fose un suceso fortuíto e non o resultado da política de desmantelamento do goberno central e Xunta.
5 Aug 2019
O BNG lamenta o descarrilamento do tren en Viveiro agardando que fose un suceso fortuíto e non o resultado da política de desmantelamento do goberno central e Xunta.
Hai que agradecerlle á fortuna, que non a FEVE, que non teñamos que lamentar unha desgraza e que quedara todo tan só nun susto. Un accidente que esperamos sirva cando menos de aviso aos responsables políticos e da administración correspondente.
A portavoz municipal do Bng en Viveiro recorda que a organización nacionalista ven de presentar estes últimos anos numerosas propostas e medidas no Parlamento Galego para a mellora deste servizo de transporte ferroviario, así como múltiples iniciativas desde diversas Comarcas do país rexeitadas todas elas pola Xunta do PP e sen recibir o apoio do Psoe, mentras os usuarios de Feve continuan sen solucións e sufrindo diariamente accidentes como o de onte, avarías, continuos retrasos, supresión de numerosos servizos e inclusoa falta de revisores. As consecuencias denoncontr conbilletenocaso deter ocurrido algo grave, serían nefastas para os viaxeiros.
Un servizo de transporte que debería servir para vertebrar as Comarcas de Ferrol-Ortegal - A Coruña e toda A Mariña, continúa en decadencia premeditada, apunta Miriam Bermúdez.
Desde o Bng só poden explicarse a política de desinversión nesta infraestrutura (2 millóns de euros menos no proxecto do presuposto xeral 2018) como obxectivo do goberno central do Psoe, co aval da Xunta do PP, de deteriorar ao máximo a calidade deste servizo para facerlle desistir á cidadanía de usar este medio de transporte, menos contaminante que outros, para desprazarse polo territorio galego.