O BNG convida á cidadanía a participar nos actos do Día da Patria Galega
O BNG na Mariña presentou os diversos actos que se se van desenvolver na comarca, previos ao 25 de xullo, día da Patria Galega. As nacionalistas mariñás convidan á cidadanía a participar na manifestación en Compostela o día 25 ás 12 da mañá e para a que hai disposto un autobús e a xente interesada pode apuntarse chamando ao tfno 982140654 ou no correo amarinha@bng.gal. Así mesmo, desde Galiza Nova animan á mocidade a participar no Festigal, un evento con unha ampla e variada oferta cultural e musical os día 24 e 25 de xullo.
Convidan tamén @s nacionalistas a pendurar de fiestras e balcóns a bandeira patriótica, bandeira que se pode adquirir na sede comarcal do BNG Barreiros e Foz acollen os actos principais do BNG na Mariña.
Así mesmo presentouse a XXVI edición da Festa da Patria en Foz, que se celebrará o sábado día 20 no porto, diante da lonxa a partir das 19:30h e na que se poderán degustar chicharros lañados, entre outras cousas. Haberá tamén xogos para nen@s.
O domingo 21 corresponderálle a Barreiros donde organizan a xa coñecida Mani-festa ou “bonitada do Bloque” que xa vai pola XV edición, na área recreativa da Insua, a partir das 14h. Un xantar no que o prato principal é o bonito e no que haberá tamén actuacións musicais e intervencións políticas.
Baixo este lema celébrase este ano o Día da Patria Galega, e despois do proceso electoral das eleccións municipais no que o BNG afianzou e mellorou as súas posicións na comarca, ábrese agora un novo ciclo político coas eleccións galegas no horizonte, no que o BNG ten como obxectivo liderar un cambio real para Galiza, moi necesario tamén para os intereses da comarca da Mariña. E para lograr ese obxectivo o BNG quere sumar, vila a vila, concello a concello e cidade a cidade, máxime cando no contexto actual se demostra que o nacionalismo é o movemento mais transformador e emancipador para facer fronte á involución antisocial e antidemocrática do Estado español.