O BNG comprométese a cumplir o acordo de un Viveiro libre de contaminación electoral
O Pleno municipal de Viveiro comprometeuse públicamente a respectar a moción do BNG aprobada en pleno para declarar Viveiro libre de contaminación electoral, a cal propoñia que desde o Concello se habilitasen taboleiros/paneis en cada unha das parroquias do municipio, para que cada grupo político expoña aí a súa propaganda nas diferentes convocatorias electorais, renunciando así, á mala práctica tradicional de invadir todo o concello con cartelería nos seus diferentes formatos e materiais, xa sexa colada ou pendurada.
Logo dunha moción moi debatida, onde ningún do resto de partidos da corporación municipal aceptaba o punto de non pendurar propaganda electoral das farolas do concello, dende o BNG decidimos excluílo da moción para que polo menos saíse aprobado o resto, e poder minimizar así a gran parte de contaminación electoral "colada" en Viveiro. Resultando poder colocar propaganda electoral únicamente en dous sitios, nas luminarias do concello e nos taboleiros habilitados para tal fin.
Desde o BNG comprometémonos a cumplir co acordado de declarar Viveiro libre de contaminación electoral, agardando que desta volta respecten TODOS os partidos políticos a moción e non como ocorreu en pasadas convocatorias.