O BNG avoga por limitar as plantacións de eucalipto, ordenar o monte e establecer franxas de protección contra os incendios

TerraChaXa | AMariñaXa
O deputado do BNG, Xose Luís Rivas reclamou no Parlamento “modificar as normas” para limitar as plantacións de eucaliptos a unha superficie máxima sen discontinuidade a 25has e  unha ordenación das unidades forestais dependendo das especies en “mosaico” para evitar catástrofes mediomabientais como as acontecidas recentemente en Dodro e Rianxo polos incendios.
22 Maio 2019

Rivas tamén reclamou a obrigatoriedade de franxas de protección para facer fronte ao lumes e protexer as explotacións, vivendas e vida das persoas.
Na súa intervención salientou que a sequidade xeral, a asuncia de chuvias, as altas temperaturas e un vento sostido superior aos 40Km/h con rachas de até 70 provocaron que 1.150Hac de arborado e   900 de monte raso.
Todo apunta, engadiu Rivas  a que a faísca ocasionante dos incendios  debeuse a unha liña eléctrica que prendeu nos restos secos da xestión da faixa de seguridade da mesma.
A pregunta que se fai moita xente é como pode haber centos e centos de has. continuas de arborado maiormente pirófita, gran parte delas en montes veciñais conveniados que terán ou deberan teren plan de ordenación.
Son cinco montes veciñais afectados ademais de parcelas particulares e 17 hectareas de propiedade municipal.

0.078917980194092