O BNG avanza en Viveiro as medidas máis urxentes para os sectores da Mariña
O BNG avanzou en Viveiro as medidas máis urxentes para os sectores produtivos da comarca e que se deben aplicar desde a EU en sectores coma o agro e a pesca, de especial relevancia na comarca da Mariña. Daniel Castro, deputado no Parlamento, acompañado polo responsable comarcal Antonio Veiga, a tenente de alcaldesa Míriam Bermúdez a concelleira Iria Cotelo e o concelleiro Xoán Ramón Martínez destacaron a importancia que para A Mariña teñen as medidas que o BNG contempla no seu decálogo de principios diante das Eleccións Europeas 2024 no que ten que ver cos sectores produtivos.
Neste sentido o BNG aposta por unha nova política agraria e pola soberanía alimentaria de cada pobo, onde estes teñan a facultade de definir as propias políticas e alimentarias consonte aos seus recursos e obxectivos de desenvolvemento sustentable. Galiza debe poder protexer o seu mercado alimentario doméstico evitando a importación de produtos que tén capacidade de producir e consolidando un modelo de produción agraria basado na proximidade.
A pesca, que é un dos motores económicos máis importante da Mariña ocupa boa parte do programa nacionalista, no que o BNG demanda un novo estatus institucional para Galiza en materia pesqueira, recoñecendo formalmente o seu carácter como “Zona Altamente Dependente da Pesca” e posibilitando a súa presenza con dereito de decisión nas institucións comunitarias donde se adaptaren decisións en materia pesqueira.
En materia medioambiental, os nacionalistas esixen o saneamento integral das rías e dos ríos galegos, denunciando o seu estado e as necesidades de control efectivo da execución do seu saneamento no cumprimento da Directiva Marco da Auga, como prioritario. Por todo esto, desde o BNG apelan á sociedade mariñá a que acuda masivamente o vindeiro 26 de maio ás 20.00 ao Teatro Pastor Díaz en Viveiro ao acto no que intervirán Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa en Viveiro, Daniel Castro, deputado no Parlamento, Olalla Rodil, deputada, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.