O BNG aposta por recuperar as embarcacións de vela do antigo Casino de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de informar que o Concello conta con varias instalacións en desuso onde practicar deporte ao aire libre.
FOTO XG
29 Jul 2020

O BNG de Viveiro vén de informar que o Concello conta con varias instalacións en desuso onde practicar deporte ao aire libre.

"Viveiro contaba con varias intalacións e pistas deportivas ao aire libre onde poder practicar fútbol, tenis ou baloncesto dun xeito informal. Eran puntos de encontro moi empregados pola xuventude e veteranos que fomentaban estilos de vida saudables promovendo o deporte na vila", din.

Estos espazos están ubicados en sitios como na Casa da Xuventude, no Casino ou nas diferentes parroquias onde foron desaparecendo pola clara falta de mantemento e a presión urbanística.

No antigo Casino, tamén existe material para a práctica de actividades náuticas como embarcacións de vela lixeira, entre eles numerosos Optimist e 470 en estado de abandono e descoido, fácilmente recuperables podendo servir para pór en marcha unha Escola municipal de vela e o aluguer destas embarcacións á veciñanza de Viveiro.

Polo exposto, "rogan que o Concelleiro de Deportes informe á veciñanza sobre a titularidade das citadas pistas e embarcacións, realizando as xestións necesarias para a cesión do seu uso e aproveitamento para a veciñanza no caso de non ser xa de propiedade municipal, así como tamén informe das medidas e inversións previstas para a restauración do seu uso", di o BNG viveirés.

0.1731870174408