O BNG "alégrase" de que a alcaldesa de Viveiro se interese pola LU-161

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Feb 2019

Desde o BNG celebran que a alcaldesa de Viveiro decidira tomar nota da demanda nacionalista levada ao Parlamento Galego no verán do 2018, onde o grupo parlamentario do BNG esixiu ao goberno autónomico do PP a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento na estrada autonómica LU-161 (Landrove-Ferreira de Valadouro) co obxecto de poñer fin ao estado lamentable na que se atopa o devandito vial, unha das principais vías de conexión dos viveirenses coa comarca da Mariña Central. Demanda ante a que a Xunta de Galicia recoñeceulle o ao BNG o pasado mes de xaneiro por escrito o estado de deterioro desta estrada, comprometéndose, aínda que sen concretar data, a incluír a súa mellora dentro do Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolverse pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Así mesmo, Miriam Bermúdez, candidata do BNG á alcaldía de Viveiro e actual vicerresponsable da organización nacionalista, agradécelle á alcaldesa que se sumara a esta demanda do BNG, se ben espera que este apoio non só sexa puntual e que o goberno municipal vaia máis alá e decida sumarse a outras demandas feitas polos nacionalistas ao longo destes últimos meses en materia de infraestruturas, tales como a posta en marcha dun Plan de Supresión de puntos negros existentes no Concello, as reclamacións á Xunta de medidas de seguridade vial na LU-540 á altura das zonas do Cristo e a Ponte de Landrove, a reclamación de medidas de seguridade na estrada de San Lázaro ou así como na travesía de Covas, cuxos veciños seguen vivindo unha preocupante inseguridade viaria, a pesares das numerosas promesas feitas polo Concello e a administración autónomica.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17392516136169