O Bloque de Viveiro cre que un goberno en minoría debera amosarse máis colaborador
No pasado Pleno do 30 de setembro, despois de analizar o pasado exercicio económico que poñía de manifesto un goberno do PSOE en Viveiro que, grazas ao traballo do persoal dos servizos municipais, non vai máis alá do mero intento do cumprimento co establecido na lei e totalmente falto dun proxecto de Concello a longo prazo, o BNG emprazou á alcaldesa María Loureiro a que cambiase a súa actitude e escoitase con máis receptividade as propostas que se fan en positivo dende a oposición.
Recalcaba o Bloque a oportunidade de aproveitar a ocasión na que o goberno municipal tiña que poñerse a traballar no Orzamento Xeral de 2020 para convidalo a que aproveitase para facer partícipe na elaboración do orzamento 2020 tanto aos grupos da oposición, como á veciñanza de Viveiro, poñendo en marcha uns orzamentos participativos.
A voceira nacionalista díxelle que se o facía así, participando, por parte do BNG tería unha resposta positiva para traballar de xeito conxunto en beneficio das e dos viveirenses.
Como ven sendo habitual na forma de gobernar do PSOE, segundo Bermúdez, fixeron caso omiso da proposta, polo que estando a dez semanas para a entrega dos presupostos tanto a veciñanza de Viveiro como os grupos da oposición, non coñecen ningún documento a respecto do Orzamento Xeral 2020.