O bar Galicia de Ribadeo repartiu a papeleta gañadora de Acisa Quérete

TerraChaXa | AMariñaXa
No bar Galicia, de Ribadeo, foi repartida a papeleta co nº 25.
19 Xuño 2019

No bar Galicia, de Ribadeo, foi repartida a papeleta co nº 25.301 da campaña de fidelización Acisa Quérete, que se desenvolveu do 1 ao 16 deste mes de xuño. A persoa posuidora dese número recibirá unha paga extra de 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acisa. A afortunada ou afortunado terá ata o 21 de xuño para reclamar o seu premio e acreditalo presentando a papeleta correspondente nas oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
O obxectivo desta campaña “foi o de premiar a fidelidade da clientela do comercio de Ribadeo, que nos é fiel desde hai moitos anos e que non nos cambia por nada. Á clientela hai que coidala e premiala, na medida das nosas posibilidades”, explican desde a directiva de Acisa.
O número premiado no sorteo da ONCE de onte, domingo, foi o 25.301. E tal e como se establecía nas bases desta campaña de Acisa a papeleta cuxo número coincidise con ese sería a que resultaría afortunada cunha paga extra de 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu un total de 100.000 rifas. O presidente e o xerente, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, aseguran que esta campaña de fidelización foi un éxito: “é un bo indicativo, sempre desde a prudencia, do movemento económico de Ribadeo”.

0.16906118392944