O Avanza na Mariña Lucense II está a formar cen persoas na comarca
O Programa Integrado de Emprego Avanza na Mariña Lucense II está a formar nesta comarca a un total de 100 persoas sen emprego para impulsar a súa inserción no mercado de traballo. Trátase dunha iniciativa financiada cun rzamento de 250.000 euros. Esta actuación estase a desenvolver en Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro, e son principalmente menores de 30, maiores de 45 anos, persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión social, parados de longa duración e mulleres vítimas de violencia de xénero.
Estos programas integrados teñen como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. Neste senso, sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.
A través do Avanza na Mariña Lucense II, os alumnos están a recibir formación específica nos sectores vinculados aos servizos e agrario, os dous campos con máis saídas laborais da comarca, xa que os programas integrados de emprego están adaptados á demanda das empresas da contorna.
En concreto, estase a impartir cualificación en operacións básica de restaurante, agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, auxiliar en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Así mesmo, ofrécese formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de busca de emprego, técnicas de coaching, inglés, galego, carné de manipulador de alimentos e obradoiros sobre emprendemento, entre outros.
Na actualidade, estanse desenvolvendo en toda Galicia 48 programas integrados para apoiar a 4800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades e cun investimento de 11 millóns de euros. Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais. Tamén concederonse programas integrados específicos para mulleres e se primou a aqueles proxectos nos que se implicou o tecido empresarial de cada zona, co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca, e a aqueles plans de xestión compartida para incentivar os procesos de fusión municipal.
Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade.