O autocine volve a Ourol con 'Vilamor'
AMariñaXa
O sábado 12 de marzo o Concello de Ourol acollerá o unha sesión de autocine que dará comezo ás 21.00 horas. A película será Sicixia.
23 Nov 2022
O sábado 26 ás 20.00 horas poderase desfrutar dunha sesión de autocine. Nesta ocasión será a proxección do filme de Ignacio Vilar que leva por título Vilamor, e servirá como un medio de transmisión de valores esencias nun modelo de sociedade que promova a igualdade entre mulleres e homes.
Para asistir será necesaria a reserva da entrada, que é gratuita. Para conseguila haberá que chamar ao departamento de servizos sociais do Concello aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 ou na páxina web do autocine.