O autocine chega a Ourol en marzo

AMariñaXa
O sábado 12 de marzo o Concello de Ourol acollerá o unha sesión de autocine que dará comezo ás 21.00 horas. A película será Sicixia.
autocine 2
1 Mar 2022

O sábado 12 de marzo o Concello de Ourol acollerá o unha sesión de autocine que dará comezo ás 21.00 horas. A película proxectada nesta ocasión será Sicixia.

Para asistir será necesaria a reserva da entrada, que é gratuita, e o aforo estará limitado a 40 coches. Para conseguila haberá que chamar ao departamento de servizos sociais do Concello aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 ou na páxina web do autocine.

O filme trata sobre Xiao, un enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a empaparse da idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nese lendario Finisterrae, as súas vidas escaparán ao seu control como mareas rexidas por unha lei superior.

0.21181511878967