O autobús cociña de Saborea a túa provincia enxalza a faba e o mel no Valadouro
AMariñaXa
O autobús cociña do programa Saborea a túa provincia enxalza a faba, a tenreira e o mel do Concello do Valadouro
21 Ago 2022
A praza de Santa María, no Valadouro, acolleu este sábado o programa da Deputación de Lugo Saborea a túa Provincia no que se degustan produtos típicos da zona.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita, na que o cociñeiro Nardo Eiroa, do Canedo Brasería, fixo un showcocking no que preparou unha tapa de Faba, tenreira e mel. Ademais, a xornada contou tamén con degustacións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos.
O toque musical púxoo a Asociación Cultural Amado Lar e Jotinhos.