O auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo acollerá en xaneiro o espectáculo El Rey León

AMariñaXa
El Rey León, el Tributo fará as delicias dos máis pequenos da casa en Mondoñedo. Será o 3 de xaneiro no auditorio Pascual Veiga.
a de simba al rey leon tributo
29 Dec 2021

O auditorio municipal Pascual Veiga de Mondoñedo acollerá o 3 de xaneiro o espectáculo El Rey León. Haberá dúas funcións ás 18.00 e ás 20.30 horas.

Hai películas e cancións que pasaron á historia e que atraen a curiosidade do espectador en todo o mundo. Grazas ao musical madrileño, El Rey León é, sen dúbida, a referencia do momento.

Por iso, logo da experiencia en La Gran Vía en Madrid, con voces espectaculares e unha gran posta en escena, queremos levar os teus temas musicais por toda España con ... El Rey León, el Tributo (De Simba a kiara).

En dous anos xa son 250.000 as persoas que acudiron a gozar con esta familia musical, que fará as delicias dos máis pequenos da casa.

de simba al rey leon tributo
0.1587278842926