O auditorio Félix Menéndez de Vegadeo acollerá unha conferencia sobre o diccionario d'eonaviego
AMariñaXa
O venres 2 de setembro, terá lugar no auditorio Félix Menéndez de Vegadeo unha conferencia sobre o diccionario d'eonaviego
1 sep 2022
O vindeiro venres, 2 de setembro, terá lugar no auditorio Félix Menéndez da casa de cultura de Vegadeo unha conferencia sobre o labor que se leva a cabo na creación do diccionario d'eonaviego ou galego-asturiano.
Este encontro sobre o diccionario, creado por parte da Academia de la Llingua Asturiana e que ten a cargo das técnicas de redacción Carmen Siñeriz e Natalia Riego, será ás 20.30 horas.