O auditorio de Vegadeo acollerá diferentes espectáculos para este trimestre
O auditorio Félix Menéndez acollerá para este trimestre do ano unha serie de espectáculos para todos os públicos. Así, comezará o 7 de outubro co concerto de Petit Pop ás 18.00 horas. Un grupo que fan música sen prexuízos.
Xa o día 16 de outubro chegará o teatro con Las Ganas. El principio ás 18.00 horas a cargo de Patricia Rodríguez e que trata sobre unha actriz que persegue o seu gran soño na madurez da súa vida.
O mércores 26 será a quenda de Hit the road, unha road movie iraní que fala do exilio e transmite as dificultades de vivir no actual Irán. Será ás 20.00 horas.
Xa en novembro chega a a traxicomedia negra e tamén un musical protagonizada por Alberto Rodríguez, Carlos Mesa e Marga Llano, X a túa culpa. Trátase de varias historias de amor que se desenvolven nun mundo de gánsters, karaokes e ximnasios. Será ás 18.00 horas.
O mércores 9 ás 20.00 horas haberá cine con Tenéis que venir a verla de Jonás Trueba e que fala de dúas parellas amigas que volven quedar nun concerto tras o confinamento da primavera de 2020.
O domingo 20 de novembro ás 18.00 horas o teatro volve da man de Luz de Gas e a súa obra Un peregrino muy casto. Que trata sobre as consecuencias de perder unha aposta e un grupo de amigos que se ven obrigados a realizar o Camiño de Santiago portando un cofre.
Xa por último o 23 de novembro ás 20.00 horas volverá o audiovisual con La inocencia interrumpida de José Fernández Rivero. O documental céntrase na historia dos 4000 nenos e nenas españois chegados a Southampton para escapar dos horrores da guerra.