O auditorio de Ribadeo conta cun novo mural gracias á asociación saúde mental A Mariña
A asociación saúde mental A Mariña pintou un mural no auditorio de Ribadeo. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradece o traballo realizado.
A edil ribadense dixo: “queremos agradecer á asociación saúde mental A Mariña o gran traballo realizado no auditorio coa confección dun precioso mural que titularon Auditorium”.
Sierra agarda “contar moitas máis veces coa súa colaboración. Pola nosa banda colaboraremos con eles como asociación que representa tanto a Ribadeo como ao conxunto da Mariña”.
Xunto á asociación saúde mental A Mariña estivo o alumnado do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, a través da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, que durante un ano realizou actividades de dinamización cultural nos concellos de Barreiros e de Ribadeo. A concelleira de Benestar Social subliñou “o seu apoio e o gran traballo realizado polo obradoiro de emprego”.