O auditorio de Burela acollerá o espectáculo infantil Acuario
AMariñaXa
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 8 de maio a partir das 18:30 horas o espectáculo infantil Acuario.
30 Apr 2021
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 8 de maio a partir das 18:30 horas o espectáculo infantil Acuario, unha peza teatral de 45 minutos baseada no poemario da escritora e presentadora María Canosa para dar a coñecer entre nenos e nenas de 5 a 8 anos e as súas familias os peixes das rías e peixarías galegas e os seus nomes.
O obxectivo é que os máis pequenos da casa se acheguen á poesía en lingua galega ao mesmo tempo que descobren a riqueza biolóxica e gastronómica do noso litoral. A posta en escena a cargo de María Canosa e o Teatro Ghazafelhos conta coa presenza de vistosas marionetas, música e unha escenografía a mar de atractiva. As entradas estarán dispoñibles na billeteira do auditorio por 2´5 euros.