O Atrio de Vilaronte presenta o programa para as festas do San Xoán

Foz
AMariñaXa
Haberá música, pregón e gran churrascada popular para facer desfrutar a toda a veciñanza no atrio da igrexa
o_atrio_de_vilaronte
Asociación O Atrio de Vilaronte
2 Xuño 2024

A asociación cultural O Atrio de Vilaronte presenta o programa das Festas Patronais do San Xoán de Vilaronte 2024, no que haberá música, pregón e gran churrascada popular. A cita, que conta coa colaboración do Concello de Foz, comeza no atrio da Igrexa o sábado 15 de xuño co Festival Folclórico Infantil O Feitizo de Foz que terá como grupo invitado ao Arco da Vella de San Miguel de Reinante.

O pregón comezará ás 20.00 horas da man de Pilar Arias Villajos (Pili do Feitizo) para dar paso a unha gran churrascada popular e á actuación do dúo Os Trasnos. O día 21 continúa a celebración a partir das 22.30 horas coa verbena co grupo Montreal. O 22 haberá misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Mar de Arousa que tamén amenizará a verbena xunto coa orquestra Los Satélites.

O programa desta edición remata o 23 con misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz, procesión e sesión vermú con Principal que tamén actuará pola tarde a partir das 18.00 horas. Como en anos anteriores, poderanse comprar os tíckets para a churrascada anticipadamente cos que se reserva ración, pero non mesa.  A compra pódese facer a través do teléfono 626 309 753 (Loló) ata o 13 de xuño.

san_xoan_vilaronte
0.21004915237427