O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra nunha exposición na biblioteca

AMariñaXa
 O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos aos nenos entre os 4 e os 12 anos
lembranza no camino Roque Fanego Viveiro
15 Ago 2023

O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra na exposición Lembranzas do camiño ata o vindeiro sábado 19 na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.

A motivo da mesma tamén compartirá a súa arte e coñecemento de xeito solidario e ao vivo cun obradoiro de debuxo ao natural, este mesmo xoves 17 de 12:00 a 13:30h nun espazo que convida ao debuxo como é o Adro da Igrexa de Santa María de Viveiro.

O artista recorda que o obradoiro vai dirixido a persoas maiores dos 12 anos. Será de balde e as persoas inscritas deberán levar un Bloc de debuxo, lápices 5B e 6B,goma de borrar, afila e difumino; e quen dispoña de cabalete tamén o poderá levar para a súa comodidade.

Inscricións no contacto da Asociación Prato_do que colabora co autor 617 461 723 ou enviando correo a iniciativapratodo@gmail.com

0.19679498672485