O Festival do Emigrante de Barreiros trae a grupos folk de Tenerife, Rusia e Tahití

TerraChaXa | AMariñaXa
2 Aug 2019

O asociación folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante de Barreiros invita a participar do Festival do Emigrante deste 3 de agosto, co que acadará a súa trixésimo oitava edición. A agrupación que é seguro que acodirá é a de El Moral de La Laguna, en Tenerife, coa que os barreirenses fixeran un intercambio o pasado ano que deste xeito lle devolven os tinerfeños.
Tamén acodirán Song Dance Belgorie de Rusia, Hei Show de Tahití e por suposto os anfitrións. A cita será no campo de fútbol de San Miguel de Reinante, ás 22.00 horas ou no deportivo do colexio en caso de mal tempo.
Xa o día anterior haberá unha foliada popular na Praza do Souto á noite e o sábado, trala mostra, o grupo Lecer tocará na verbena.
O Arco da Vella forma durante o ano a unha serie de mozas e mozos na música e no baile tradicional. A finais de xuño tivo lugar, de feito, o festival folclórico infantil no pavillón do colexio público de San Miguel de Reinante coa participación de Cántigas e Frores de Lugo e da Asociación Recreativa Cultura Os do 21, ademais dos anfitrións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17641997337341