O anpa A Faxarda de Ribadeo seguirá cos programas Bós días e Boas tardes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O anpa A Faxarda pertencente ao Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo, seguirá cos programas Bós días e Boas tardes para que as familias traballadoras poidan conciliar no novo curso escolar.
PSOE nos 67 Concellos
10 sep 2020

O anpa A Faxarda pertencente ao Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo, seguirá cos programas Bós días e Boas tardes para que as familias traballadoras poidan conciliar no novo curso escolar.

Así o comunicou a súa presidenta, Beatriz Irigoyen, que di que "é moi importante a volta ao colexio e é unha situación nova a que imos afrontar e moi complicada porque hai que tentar controlar os seus contactos sociais para evitar que poidan producirse contagios masivos. Ao coronavirus non debemos terlle medo, pero si respecto”

Desde a asociación defenden a necesidade dunha educación presencial como única garantía dun tratamento en igualdade para todo o alumnado e para un completo desenvolvemento social, intelectual, afectivo e emocional pero esixen que esta volta ás aulas se faga garantindo a seguridade de toda a comunidade educativa.

Tamén cualifica de tardío “o protocolo elaborado pola Xunta de Galicia e polo Goberno central. E o que estamos a facer é loitar para tentar melloralo, xa que foi elaborado e aprobado sen dar ás Anpas a oportunidade de opinar e negociar”.

Os programa Bós días e Boas tardes sirven para a conciliación familiar polas mañás en horas de laborais e polas tardes na saída das horas lectivas e o seu centro de operacións será a antiga casa do conserxe.

Por outra banda dende aA Faxarda están a desenvolver varias actividades extraescolares, que cada vez eran máis específicas: “traballabamos inglés, linguaxe de signos, robótica, cociña e actividades deportivas, entre outras”. Para o presente curso aínda está por ver se poderán levar a cabo ou non.

0.19284892082214