O alumnado do Martínez Otero de Foz participan nunha inmersión lingüística en Canterbury
Un ano máis, o alumnado do Martínez Otero dende 5º de primaria ata 4º da ESO puido gozar do programa de Inmersión Lingüística. Nesta duodécima viaxe, pasaron oito días en Canterbury, no Chaucer College. Os estudantes participaron en clases lúdicas, proxectos, moitas actividades e puideron desfrutar da convivencia con outros grupos de estudantes.
Todos eles quedaron encantados coa profesionalidade e as instalacións. Ademais de coñecer Canterbury, este ano visitaron Whistable, unha vila pesqueira con moito encanto e cun castelo onde tomaron o afternoon tea. Pasaron un día en Brighton visitando o Aquarium máis antigo de Europa, viron o Royal Pavilion, camiñaron polas pequenas rúas da parte antiga, as lanes e tamén polo Brighton Pier, un paseo marítimo con atraccións e mercados ambulantes.
Remataron o programa en Londres, coñecendo a cidade dende un cruceiro polo Támesis, que os levou de Greenwich ata Westminster. Fixeron un percorrido a pé polos puntos de interese da cidade, partindo do Big Ben & The Houses of Parliament, Westminster Abbey, 10 Downing St., o Buckingham Palace, Trafalgar Square… Como broche final da inmersión cultural, visitaron o British Museum.
Por outro lado, o centro tamén colabora na actividades do V aniversario do Centro de Día de Foz, onde Antonio Alonso "Tono" e o 4º curso de Primaria cantaron diferentes pezas musicais para o deleite dos nosos maiores.