O alumnado de Xove constrúe un gran lazo humano morado polo 25N

AMariñaXa
Realizáronse varias actividades en colaboración co CEIP Perdro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón
25N-XOVE2
25 Nov 2024

Neste día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Xove organizou varias actividades dentro do programa. Organizáronse, dende a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade, varios eventos en colaboración co CEIP Perdro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón, de Xove.

Así, ás 11.00 horas houbo a proxección do documental 'Viñetas Narradas' para o cal o alumnado traballou durante semanas o tema en clase co profesorado, elaborando unha serie de viñetas e poñéndolles voz. A continuación, todo o alumnado baixou á praza do Concello, onde entre todas e todos construíron un gran lazo morado, símbolo da eliminación da violencia machista, co cal quixeron simbolizar a importancia da suma de cada persoa na loita contra a violencia contra as mulleres.

Acto seguido, as rapazas e rapaces do IES Illa de Sarón despregaron unha pancarta e fixeron lectura do seu Manifesto contra a Violencia de Xénero.

O vídeo 'Viñetas Narradas' co traballo das rapazas e rapaces pode verse dende hoxe, 25 de novembro, na web do Concello de Xove e tamén nas redes sociais do Concello. Así mesmo, as viñetas orixinais, e o Manifesto do alumnado, permanecerán expostos nas vidrieiras que rodean a praza do Concello durante as seguintes semanas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18019318580627