O alcalde do Vicedo analiza con Feijoó os principais proxectos para o municipio

AMariñaXa
Feijóo analiza co alcalde do Vicedo os principais proxectos para o municipio como a mellora das infraestruturas viarias e educativas
o vicedo alcalde feijoo
20 Jul 2021

O alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, analizou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo os principais proxectos para o municipio como a mellora das infraestruturas viarias e educativas.

Un dos temas que se abordaron na reunión foron as actuacións de mellora que están previstas no Ceip O Vicedo, por importe de 237.173 euros, para a substitución da carpintería exterior e da cuberta ou a reforma dos aseos, entre outros, e que se prevé licitar o ano que vén.

Durante o encontro o alcalde amosou o seu interese por asinar coa Xunta un convenio de colaboración para a implantación dun caixeiro automático no municipio para que os seus veciños poidan efectuar xestión bancarias ordinarias.

No ámbito deportivo, o presidente trasladoulle ao alcalde a intención de estudar unha posible cofinanciación das reformas do campo de fútbol.

0.16595506668091