O alcalde de Xove informou aos veciños sobre as fogueiras de San Xoán

AMariñaXa
O alcalde de Xove informou aos veciños que haberá que pedir permiso para a realización da fogueira de San Xoán.
SAN XOAN XOVE
9 Xuño 2021

O alcalde de Xove informou aos veciños que haberá que pedir permiso para a realización da fogueira de San Xoán. "Ante a proximidade da celebración de San Xoan recordar a todos os veciños a necesidade de pedir permiso para a celebración da tradicional fogueira na noite do 23 ao 24 de xuño", dixo.

Esta solicitude hai que facela no Concello, no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes. O prazo está aberto dende o 7 ata o 21 de xuño (ambos inclusive).

Como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, o Concello acordou a prohibición da celebración da tradicional fogueira de san Xoán en espazos públicos. E permitir a realización da fogueira en terreos particulares, debendo respectarse as instruccións que se indican na solicitude, así como aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19.

0.19589710235596