O alcalde de Trabada pídelle á Xunta axuda para os gandeiros e agricultores tras os danos polas choivas

AMariñaXa
Nunha carta dirixida á conselleira, o alcalde lembra “as chuvias torrenciais da pasada fin de semana en Trabada, que causaron importantes danos nas colleitas e terras dos nosos gandeiros e agricultores”
Ruben-garcia-freije-alcalde-trabada-2024
O alcalde, Rubén García
21 May 2024

O alcalde de Trabada, Rubén García, pídelle á conselleira de Medio Rural da Xunta, María José Gómez, “axudas para os nosos gandeiros e agricultores que palíen os danos ocasionados polas recentes choivas torrenciais”. Nunha carta dirixida á conselleira, o alcalde lembra “as chuvias torrenciais da pasada fin de semana en Trabada, que causaron importantes danos nas colleitas e terras dos nosos gandeiros e agricultores”.

Ademais, “como seguro que ben sabe, fai tan só uns meses dous importantes incendios afectaron ao noso concello, causando danos e perdas económicas moi importantes no sector forestal. Agora é o sector agrícola-gandeiro o que se viu afectado. Ámbolos dous son o motor económico do Concello de Trabada, a maior parte da nosa veciñanza traballa directa ou indirectamente para o sector primario”, engade Rubén García.

Ante esta situación, o rexedor solicítalle unha reunión de carácter urxente para tratar diferentes temas, entre eles “acadar axudas para os nosos gandeiros e agricultores e así paliar os danos ocasionados polas recentes choivas torrenciais”. Por outra banda, solicita axudas para os propietarios de fincas afectadas polos incendios de febreiro e outubro, “e a colaboración da Xunta para a adquisición de equipamento contra incendios e dunha nova motobomba. A que posuímos no noso concello actualmente conta con moitos anos de antigüidade”, explica o alcalde.

Por último, Rubén García pide “colaboración para a construción de balsas de almacenamento de auga en diferentes puntos estratéxicos do Concello de Trabada e levar a cabo a concentración de montes de Vidal e da Vilapena”. Reitera, ademais, a total colaboración por parte do Concello de Trabada coa Xunta de Galicia para tratar todas estas situacións de emerxencia que se deron no pobo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18998789787292