O alcalde de Riotorto urxe á Deputación a execución do proxecto do polígono

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello solicita por tanto que se inclúa nos orzamentos do ano 2022 da Deputación Provincial a consignación necesaria.
casa do concello de riotorto 3
26 Out 2021

O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, fixo chegar un escrito á Deputación no que demanda "a maior brevidade" a execución do proxecto Urbanización parque empresarial Vilarín-Riotorto, "en base á demanda das empresas locais para instalarse no referido polígono".

Segundo indica, a aprobación definitiva do proxecto de urbanización foi realizada no mes de novembro de 2019 pola Xunta de Goberno Local do Concello de Riotorto. Días despois, o 26 dese mesmo mes, foi comunicada dita aprobación á Deputación Provincial de Lugo, rexistro 2019RT005711 e nese mesmo escrito solicitábase que se procederá a súa licitación.

Iglesias afirma que posteriormente, no ano 2020, enviouse escrito o presidente da Deputación solicitando que se incluirán nos orzamentos do ano 2021 a consignación necesaria para facer realidade o polígono industrial de Riotorto.

Pasados 2 anos dende a súa aprobación a Deputación Provincial de Lugo aínda non sacou a licitación dito proxecto.

O proxecto de urbanización realizado por Suplusa e aprobado definitivamente por este concello ascende á cantidade de 402.250 euros, polo que consideran que a inversión é asumible pola Deputación.

O Concello solicita por tanto que se inclúa nos orzamentos do ano 2022 da Deputación Provincial a consignación necesaria para que a Deputación licite no vindeiro ano a urbanización do polígono.

0.19112300872803