O alcalde de Ribadeo reuníuse cos participantes do programa Imos andar

AMariñaXa
O programa Imos andar do Concello de Ribadeo adianta a súa hora de saída durante o verán. . E así se manterá ao longo dos vindeiros meses.
040723 Foto imos andar Ribadeo
5 Xul 2023

O alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico municipal deste departamento, Iván López,  mantiveron un encontro cos participantes no programa Imos andar. 

Nestas andainas saudables e sociais participan persoas de todas as idades. Desenvólvense desde finais do ano 2021 os martes e os xoves. Agora durante o verán mudaron de horario e as saídas teñen lugar ás 9.15 horas desde as inmediacións da Praza de Abastos.

Durante a época estival os martes os camiñantes farán o percorrido ata As Aceas e os xoves ata o faro da Illa Pancha.

0.20485401153564