O alcalde de Foz cualifica de “éxito rotundo” o Comborecho

Foz
AMariñaXa
Foz celebrará a vixésima primeira edición da Festa do Berberecho o día 15 de abril no peirao e contarán con actuacións musicais
festa berberecho Foz 2023 1
20 Abr 2023

 “A Festa do Berberecho do pasado sábado, 15 de abril, resultou un éxito rotundo porque foi a edición con máis xente que se recorda”. Así valorou o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a 21ª edición dunha Festa do Chícaro que mudou a data de celebración de xaneiro a abril. O rexedor municipal explica: “buscamos unha mellor climatoloxía, máis horas de luz e, sobre todo, afastarnos dun mes de xaneiro que é complicado economicamente para as familias e nun pobo que xa está pensando no Carnaval. Probamos e sorprendeunos a acollida, estamos máis que satisfeitos co resultado”.

Unha  xornada gastronómica na que o alcalde destaca o bo facer da Escola de Hostalería, con Suso Liste á cabeza, e a calidade musical de Mar Aberto, A Subela e O Feitizo, que acompañaron un pregón de Martín Vizoso “reivindicativo e instrutivo, de dez”, comentou Fran Cajoto, quen tamén salientou que “houbo moita xente, especialmente do interior da provincia, e esgotáronse as existencias”.

Pola noite destacou o espectáculo de El Combo Dominicano, a primeira actuación da xira 2023 desta orquestra na Mariña. “Estamos sempre pendentes da xente nova e intentamos programar eventos que lles gusten ás rapazas e rapaces. Á vista está que foi un acerto: teño que felicitar a todos os traballadores municipais que o fixeron posible”, rematou o alcalde.

festa berberecho Foz 2023 2
0.33249187469482