O alcaldable do PP do Valadouro reprochou ao alcalde que non cumprise a metade das súas promesas electorais

AMariñaXa
O presidente do PPdeG visitou O Valadouro acompañado polo coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro
20230520_Rueda_Valadouro_3
20 Maio 2023

O presidente do PPdeG visitou O Valadouro acompañado polo coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e o alcaldable José Manuel Lamela.

Reiterou que, na última fin de semana de campaña, a mensaxe e os obxectivos da súa formación seguen plenamente vixentes: “queremos estender o modelo de estabilidade, certeza e sentidiño de Galicia a todos os concellos galegos”.

Así, animou a todos os seus candidatos a “seguir traballando con humildade e non dando nada por ganado” e pediulles que se centren unicamente en gañar as eleccións para poder gobernar.

Rueda contrapuxo que, "mentres os candidatos do PPdeG están dedicados a explicar o seu proxecto e o que queren facer nos seus concellos os vindeiros catro anos, o resto de forzas políticas están inmersas nun clima de crispación e intentando disimular as alianzas que farán despois”

O candidato á Alcaldía agradeceu a presenza de Alfonso Rueda no Valadouro e reivindicou que a súa candidatura é a única que garante un goberno serio e estable para o concello fronte aos desencontros e a falta de xestión que marcaron os últimos anos

Reprochou ao alcalde socialista que non cumprise a metade das súas promesas electorais de 2019 e puxo como exemplo da súa mala xestión o feito de que se deixasen estragar os invernadoiros construídos co apoio da Deputación provincial sen poñer en marcha ningunha actividade vinculada a horta

Lamela presumiu dun equipo formado por persoas comprometidas e que combinan experiencia e renovación, con perfís vinculados ás necesidades deste municipio mariñao

0.20778584480286