O ADC Alboi organiza en Viveiro un torneo de futsal 3x3

AMariñaXa
O ADC Alboi organiza en Viveiro un torneo de futsal 3x3 en xullo, no que poderán participar un máximo de 12 equipos por categoría
logo-alboi-viveiro
Logo do ADC Alboi
18 Maio 2024

O ADC Alboi organiza en Viveiro un torneo de futsal 3x3 os días 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo. Poderán participar un máximo de 12 equipos por categoría, que inclúen benxamíns (2010/2011), alevíns (2008/2009), infantís (2006/2007) e cadetes (2004/2005).  Pola participación a todos os xogadores entregaránselle  unha medalla e recibirán trofeos os campións e subcampións de cada categoría.

Xogarase no sistema de liga todos contra todos en cada categoría, clasificándose os 4 primeiros de cada categoría, que xogarían unhas semifinais e os gañadores pasarían ás finais. En principio os equipos serían de formación libre: masculinos, femininos ou mixtos. Ningún xogador poderá inscribirse en 2 equipos.

O mércores 17 é a quenda dos Benxamíns, o xoves seguen os alevíns e o venres e sábado faranos os infantís e cadetes. Todos serán en horario de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 00.00. as semifinais e finais serán o domingo. As inscricións pódense facer dende o 1 de xuño ao 7 de xullo na web www.galitiming.com. Teñen un prezo de 20 euros por equipo.

futsal_viveiro
0.10229396820068