O 9 de setembro será a gala Mamá, quero cantar! de Mondoñedo

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo e a Escola de Música están a organizar o concerto final da VIII edición do certame de canto Mamá, quero cantar!
1 mama quero cantar
1 mama quero cantar
29 Ago 2022

O Concello de Mondoñedo e a Escola de Música están a organizar o concerto final da VIII edición do certame de canto Mamá, quero cantar!. Será o venres 9 de setembro ás 20.30 horas no auditorio Pasculal Veiga de Mondoñedo.

Durante esta semana seguirán os ensaios dos rapaces participantes nesta sétima edición e os preparativos para o concerto.

Poden reservar entradas na Oficina de Turismo de Mondoñedo, teléfono 982 507 177, xa que como ven sendo habitual o aforo será limitado, e a entrada de balde.

mama quero cantar
0.1782820224762