O 6 de novembro terá lugar a sexta edición da Festa da Castaña de Burela

AMariñaXa
O 6 de novembro terá lugar a sexta edición da Festa da Castaña, que organiza a Concellería de Cultura de Burela.
festa castana burela 2021
24 Out 2021

 O 6 de novembro terá lugar a sexta edición da Festa da Castaña, que organiza a Concellería de Cultura de Burela.

O edil José Díaz contou que “o sábado 6 de novembro imos celebrar unha nova edición da Festa da Castaña, que será a sexta. Levamos cinco edicións, tivo que ser suspendida a do ano pasado pola pandemia, pero este ano, xa entrados en novembro, imos ter unha normalidade, polo menos iso esperamos, que nos permita volver celebrar este tipo de eventos, ao aire libre. Se chovese sería no interior da praza de abastos a partir das 19:30 horas e ata as 21:30 horas aproximadamente”.

O concelleiro de Cultura explicou que “imos contar, como sempre, coa colaboración de asadores, que falamos con eles e préstanse a axudarnos neste tipo de actividades. Como outros anos, será o cornete de castañas, a bebida e un bolo preñado ao prezo de 2 euros, que é alcanzable”.

Díaz dixo que “imos tentar contar coa colaboración das bandas musicais de gaitas e de baile tradicional de Burela. Xa temos confirmado a Dambara e esperamos que as demais tamén poidan colaborar, dentro das súas posibilidades. Teremos tamén talleres durante a tarde impartidos, como en anos anteriores, por Gaia e concretaremos máis adiante máis cousas”.

0.13559913635254