O 6 de marzo volve o Domingo de Piñata de Lourenzá

AMariñaXa
O domingo 6 de marzo os veciños de Lourenzá festaxarán o tradicional Domingo de Piñata de Entroido. Está organizado polo Concello e Acial
1 domingo de pina lourenza entroido 2022
3 Feb 2022

O domingo 6 de marzo os veciños de Lourenzá festaxarán o tradicional Domingo de Piñata de Entroido despois de que o ano pasado tan so se puidera celebrar de modo online.

A programación e as bases do desfile daranse a conocer nas próximas semanas xa que aínda están a traballar para garantizar todo o cumprimento dos protocolos Covid e para que o evento transcurra do xeito mais seguro posible.

Tradicionalmente hai un desfile pola tarde polas rúas do Concello ata chegar ao a praza do Conde Santo, lugar onde se realizará a entrega de premios.

Para participar será necesario anotarse escribindo a acial.lourenza@gmail.com , ou o mesmo día no recinto feiral.

0.1781599521637