O 5 de setembro será o inicio de liga para primeira masculina

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División masculina, que ultima detalles para iniciar a pretempada a partir do 27 de xullo, estreará a liga o 5 de setembro.
certame literarioIMG_20180820_194058
23 Jul 2020

O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División masculina, que ultima detalles para iniciar a pretempada a partir do 27 de xullo, estreará a liga o 5 de setembro. Así deu a coñecer a RFEF este mediodía, tras a reunión telemática do Pleno do Comité Nacional de Fútbol Sala, que aprobou por unanimidade o calendario de Primeira División Masculina de Fútbol Sala 2020/2021, o calendario de Segunda División Masculina de Fútbol Sala 2020/2021 e o calendario de Seleccións Nacionais de Fútbol Sala 2020/2021.

Datas de Primeira Masculina

5 de setembro: Inicio de competición de Primeira División de Fútbol Sala- Do 8 ao 11 de outubro, Barça e ElPozo Murcia Costa Cálida deberán disputar a Final Four da Champions League que se disputará en Barcelona.

Xa en decembro -do 18 ao 20-, terá lugar a Final Four da Copa de SM O Rei 2019/2020, que coincidirá coa Final Four de SM A Raíña. Torneo que non puido celebrarse cando estaba previsto, debido á crise xerada polo coronavirus.

9 e 10 xaneiro: Supercopa de España

25-28 de marzo: Copa de España

15 de maio: A última xornada da competición regular de Primeira División- En canto á Final da Copa de SM O Rei 2020/2021, optouse polo 21, 22 e 23 de maio.

Entre o 3 e o 30 de xuño xogarase o play-off polo título de Primeira División.

Segundo se informa desde a RFEF, o calendario estará supeditado en todo momento ás recomendacións e indicacións das autoridades sanitarias.

0.18310308456421