O 30 de abril o Valadouro acollerá unha sesión de cinema en familia
O sábado 30 de abril o Concello de Valadouro acollerá unha nova sesión de cinema en familia e nesta ocasión será a película Os Fenómenos.
A entrada para esta sesión é de balde e será no salón de actor da casa da cultura co Concello. Pódese ver o trailer do film neste ligazón.
Para conmemorar o Día Internacional da Clase Obreira e ó mesmo tempo o Día da Nai a delegación de cultura do Concello do Valadouro rinde unha pequena homenaxe a todas as nais e ós traballadores e traballadoras.
SINÓPSE
A nosa protagonista regresa co seu bebé á súa cidade natal en Galicia. Cando regresa, todo é difícil e só consegue un traballo de obreiro da construción.
Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun traballo masculino, pero consegue superalo con valentía e en compañía da súa tripulación comezan a ser coñecidas polo construtor como Os Fenómenos pola súa habilidade. para construír metros cadrados.
No medio do boom do ladrillo, consegue gañar moito diñeiro na construción e comeza a albergar novos soños, que se irán truncando pouco a pouco co comezo da crise.