O 3 de setembro terá lugar o Día da Bicicleta en Ribadeo
O 3 de setembro terá lugar o Día da Bicicleta en Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de volver recuperar este evento deportivo tras a pandemia da covid, debido á paixón que hai pola bicicleta en Ribadeo. Agardamos reunir a unhas 200 ou 300 persoas”.
O edil contou que “nos concentraremos o 3 de setembro ás 10.30 horas diante do Concello, desde onde sairemos ás 11 da mañá. Os participantes percorrerán as rúas do casco urbano ata o Faro para retornar despois ao punto de partida. Aquí a carón do Pazo de Ibáñez realizaremos un sorteo de agasallos, entre os que contaremos cunha bicicleta. Animamos ás familias a acudir a esta cita na que estou convencido de que o imos pasar moi ben”.
Silvent tivo palabras de agradecemento “para os patrocinadores e para todas as empresas de Ribadeo que colaboran con esta nova edición do Día da Bicicleta”.