O 3 de novembro suspéndese o servizo de recollida e a limpeza viaria en Burela
AMariñaXa
O 3 de novembro, suspéndese o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, a limpeza viaria e o servizo do punto limpo en Burela
30 Out 2021
O vindeiro mércores, 3 de novembro, suspéndese o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, a limpeza viaria e o servizo do punto limpo en Burela, con motivo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón do sector.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo que “a prestación dos referidos servizos retomaranse os días seguintes á devandita festividade. Desde o Concello pedimos colaboración á cidadanía para que, na medida das súas posibilidades, eviten sacar e depositar os residuos sólidos urbanos durante esa xornada”.