O 28 e 29 de xuño celebrarase en Foz a VI Festa Vintage
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a sexta edición da Festa Vintage que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.
Os comercios participantes ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú.
Os establecementos que se suman á Festa Vintage son: Vagaluz, Hola Ola, 5 Lobiños, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Alma Libre, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Vas´s, Vas´s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Lencería y Baño, Chuvia, María Docampo, Sueños, N1 Deportes, Xanela Complementos e Agasallos, La Flor Abulense, Arrullos, Calzados Pirde, Unique-2 e Lencería Esther.
Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.
E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos.
O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización deste evento.