O 27 e 28 de xullo en Foz haberá unha exposición adicada aos dinosaurios

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
12 Jul 2019

O 27 e 28 de xullo na Sala Bahía de Foz chegán os dinosaurios, unha exposición na que se pode achegar, coñecer e tocar exemplares destes xigantes prehistóricos. Esta mostra, é a única na que se percorrerá este mundo con exemplares a gran tamaño.
A exhibición está plantexada como un percorrido no que ademais de experimentar a incrible sensación de ver aos dinosauros, os visitantes poderán aprender sobre cada unha das especies gracias á información disposta en paneis descriptivos, con detalles científicos sobre eras xeolóxicas, teorías sobre a extinción dos dinosauros e datos sobre a recuperación de restos fósiles.
Poderase coñecer onde viven, que comen e ata poderase ver como se moven. Tamén haberá unha sala de proxección cun pequeno documental de 15 minutos. Ademais, esta exposicion converte aos visitantes en arqueólogos por unha tarde na zona de excavacións.
Así farán desta experiencia educativa unha viaxe no tempo que gozarán grandes e nenos.
É unha exposición lúdica e participativa ideada para todas as idades que ademais incorpora talleres infantís, e o prezo da entrada é de 10 euros e en colectiva 5 euros.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17824101448059