O 27 de xaneiro arrincan os Seráns de Teatro de Ribadeo
O 27 de xaneiro arrincan en Vilela os Seráns de Teatro do Concello de Ribadeo, que se enmarcan no programa Preto de Ti.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, subliñou que “desde a Concellería de Benestar Social seguimos apostando por dinamizar o noso municipio. Así dentro del programa Preto de Ti comezamos unha nova andadura con los Seráns de Teatro”.
A edil ribadense explicou que “o grupo de teatro Adala, de Fazouro, comezará o sábado, 27 de xaneiro, a las 19 horas en la escola de Vilela coa súa obra Marina Club”.
Sierra dixo que “esta actividade continuará todas as semanas nunha parroquia diferente. Animo a todos os veciños a participar, a xuntarse e a gozar dun rato de entretemento e risas, que compartiremos todos xuntos”.
Os Seráns de Teatro chegarán o 3 de febreiro ás Escolas de Couxela, tamén coa Adala e Marina Club.