O 23 de xullo volve a IX Festa do Percebe de Xove

AMariñaXa
Nova edición desta Festa do Percebe do Concello de Xove que terá lugar o sábado 23 de xullo na praza do Concello.
presentacion  IX FESTA DO PERCEBE DE XOVE
1 Xul 2022

Nova edición desta Festa do Percebe do Concello de Xove que terá lugar o sábado 23 de xullo na praza do Concello. Esta cita, que chega a súa novena edición, foi presentando nun evento cos membros da Asociación de Festexos A Medorra, comité organizador, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.

Os asistentes ao evento, que comeza ás 12.00 horas, poderán degustar este delicioso e apreciado crustáceo mentras a charanga Os Charangos e e unha discoteca móbil amenizan con música en directo a xornada.

Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.

Esta festa gastronómica reparte en cada edición máis de 1.500 racións o que case equivale a catrocentos quilos deste marisco.

A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal.

0.13254404067993