O 20 de xullo celebrarase en Celeiro a XXII Festa da Merluza do Pincho
TerraChaXa | AMariñaXa
28 Maio 2019
Durante o sábado 20 de xullo celebrarase en Celeiro, a XXII Festa da Merluza do Pincho.
A partir das 21:00 horas na Lonxa Vella do Porto de Celeiro terá lugar esta festa gastronómica na que todos os asistentes poderán degustar a prezos populares esta deliciosa merluza elaborada de sete formas diferentes. En anteriores anos foron en empanada, en caldeirada, en pizza, á galega, en salsa verde, en salpicón e a especial Penalba.
A festa contará con animación musical.