O 2 de xullo volve a Rapa das Bestas de San Andrés de Boimente, de Viveiro

AMariñaXa
O mes de xullo será unha nova edición da Rapa das Bestas da parroquia de San Andrés de Boimente, nos montes de Buio, no municipio de Viveiro.
rapa bestas candaoso2_0
20 Maio 2023

O mes de xullo será unha nova edición da Rapa das Bestas da parroquia de San Andrés de Boimente, nos montes de Buio, no municipio de Viveiro. Esta tradicional cita, que non se celebra dende o 2019, será o día 2 de xullo.

O programa festivo aínda non está pechado pero o que si se sabe é que manterá os actos tradicionais como a baixada do gando ao curro das 11.00 horas, unha sesión vermú e probas de andadura e galope con diferentes categorías.

Está considerada unha das tradicións máis ancestrais de Galicia, e consiste na curta da cola e as crines dos cabalos salvaxes que se crían nos montes da vila. O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crins e colas, a desparasitación dos cabalos e o marcaxe a ferro dos potros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria.

Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas dás bestas atraen cada ano a numeroso público ávido de emocións. O duro traballo dos gandeiros vese recompensado co viño, as empanadas e todo tipo de viandas que se preparan pola contorna do curro ao son das gaitas, e o goce das tradicionais carreiras de cabalos en diferentes categorías.

0.14821600914001