O 16 de setembro terá lugar unha actividade micolóxica e unha degustación gastronómica en Alfoz

AMariñaXa
A biblioteca municipal de Alfoz contará co carné de super lector a partir de setembro. Son as novidades para este curso lectivo
setas fungos lepiotas
3 sep 2023

O sábado 16 de setembro terá lugar unha actividade micolóxica e unha degustación gastronómica dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.

Organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos.

Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros, que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía e fomentar un uso sostible do recurso, será o encargado de guiarnos nesta xornada.

Para rematar a xornada, levarase a cabo unha degustación gastronómica para os participantes na cafetería da casa da cultura de Alfoz, onde tamén se poderá ver unha pequena exposición ou mostra de distintos exemplares de cogomelos que podemos atopar na nosa zona.

A saída será ás 16.30 horas desde a Casa do Concello, e é necesario inscribirse previamente desde o 4 de setembro no teléfono 982 558 001. As prazas son limitadas e ocuparanse por orde de solicitude.

A actividade é de balde. Recoméndase aos participantes levar calzado axeitado, navalla e cesta para a recollida de cogomelos

xornada micoloxica alfoz 2023
0.17884922027588