O 14 de setembro comeza un novo curso para o Club de Lectura da Biblioteca Muncipal de Alfoz

AMariñaXa
A biblioteca municipal de Alfoz contará co carné de super lector a partir de setembro. Son as novidades para este curso lectivo
biblioteca de alfoz libros
10 sep 2023

O 14 de setembro comeza un novo curso para o Club de Lectura da Biblioteca Muncipal de Alfoz. O libro elixido é Os nenos da variola de Maria Solar.

A autora achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron, nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante.

A historia comeza en 1803, na época da miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.

Coma de costume, os membros do club reuniranse os xoves cada 15 días para compartir as súas impresións sobre a lectura, rematando co visionado da película, neste caso 22 ángeles.

0.19497990608215