O 11 de marzo dará comezo unha nova recollida porta a porta dos plásticos agrícolas en Ribadeo

AMariñaXa
O 6 de marzo dará comezo en Ribadeo a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas, segundo informa o alcalde a través dun Bando. 
5 Mar 2024

O vindeiro 11 de marzo dará comezo unha nova recollida porta a porta dos plásticos agrícolas en Ribadeo. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, explicou que “o  11 de marzo comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas (servizo contratado polo Concello de Ribadeo á empresa Ascan Servicios Urbanos, S.L.). Esta recollida vaise prolongar durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recollida recibidos en tempo e forma”.

O edil ribadense indicou que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano a través do teléfono do Punto Limpo municipal, 664 000 932, dentro do seu horario, que é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18.30 horas e os sábados de 9 a 13 horas. Poden facelo ata o venres 8 de marzo”.

Dos Santos engadiu que “dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradeceríamos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.

0.17844700813293